Vaia por diante que non son economista, pero a noticia que sae hoxe na web de Expansión deixoume un pouco preocupado. Segundo parece o Goberno Central mudará proximamente o xeito de calcular o dato do PIB estatal, incorporando datos das “actividades delitivas como o narcotráfico e a prostitución”. Iso non é maquillar as contas como o fixo Grecia?
Segundo a Galipedia o “Produto Interior Bruto ou PIB é o valor monetario total da produción corrente de bens e servizos dun país durante un período (normalmente é un trimestre ou un ano)”, e trátase da “macromagnitude económica máis importante para a estimación da capacidade produtiva dunha economía”.
Por desgraza os movementos do crime organizado son importantes cuatitativamente falando, agora que, estes non pagan impostos, non contribúen á riqueza de todos e todas, mais ben ao contrario, todas esas actividades fannos máis pobres a todos, xa que os impostos que eles non pagan pagámolos entre todos, alén que, como no caso da prostitución, no que se explota sexualmente ás mulleres, sendo un crime especialmente repugnante.
Política e solucións colectivas
-
[ PAZ ABRAIRA SOBRADO ] Nunha cidade como Lugo vemos como cada día son máis
os que remexen nos colectores de lixo, os que pasan o día nos bancos dos
parque...
Há 1 hora

0 Comentarios:
Enviar um comentário