Reflexións galegas e en galego

09/06/10

Vivir por encima das nosas posibilidades

Esta é unha frase que ultimamente os mandados dos mercados (presidentes e primeiros ministros) repiten até o aburrimento para que nos facer máis dixeríbel a rebaixa nos nosos dereitos como traballadores.

O problema non é que vivamos por encima das nosas posibilidades, a cuestión é que mal gastamos os cartos, e o Estado fai o mesmo: envío de tropas a Afganistán, manter administracións obsoletas e inútiles como as Deputacións, manter ministerios que non serven para nada como o de Vivenda ou que simplemente hoxe xa non teñen competencias, como o de Cultura, por telas transferidas... son algúns dos “luxos” dun Estado que non só reduciu á nada o sector público industrial e financeiro, senón que lle reduce os impostos aos que máis teñen.

0 Comentarios: