Ante o deterioro da situación económica xeral e ante o deterioro dos dereitos dos traballadores e traballadoras hai unha noticia boa e outra pésima. A boa é que CC.OO e UGT anunciaron unha folga xeral; a pésima noticia é que a convocarán para despois do verán, despois das vacacións.
Francamente as datas certamente non axudan, pero para despois das vacacións o Goberno do PSOE xa terá aprobado a reforma laboral, e quen sabe, se aproveitando o estío non reforman calquera outra cousa, en contra, obviamente, das clases máis desfavorecidas, os que sempre pagamos o pato.
Non sei que fará a CIG, maioritario en moitos sectores en Galiza, pero aínda por detrás de CC.OO y UGT en moitos outros , que son os que levan a voz cantante neste asunto. Na miña opinión a CIG debería tirar para adiante, convocar folga xeral en Galiza XA!, e os outros sindicatos se queren seguila que a sigan; a situación é insostíbel e resposta ten que ser contundente. Folga xeral, Xa!
Política e solucións colectivas
-
[ PAZ ABRAIRA SOBRADO ] Nunha cidade como Lugo vemos como cada día son máis
os que remexen nos colectores de lixo, os que pasan o día nos bancos dos
parque...
Há 1 hora

3 Comentarios:
A ver Imeneo, e que , tí tamén , pero non ves que primeiro é...."las vacaciónes, el pescaito frito, las Suecas, sol-bronceador, camping o ruló, etc,etc,etc,", iste foi o acordo, a que chegaron "los sindicatos mayoritarios ", a semán pasada en Madrí, íso tamén, na ringleira final do acordo firmado por , UGT - CC OO , puña , " continuarémos nuestra Labor Sindical , con una Huelga General , una vez que nuestros hijos, comiencen el nuevo Curso Escolar , no vamos a entorpecer las vacaciónes " , ou sexa,( pra meu entender), primeiro é , ou son, as vacacións, a que che estén a foder o teu posto de traballo, por que segun ísta xentalla de UGT - CC OO, eisí, colles o mes de vacacións, e despóis para o paro,...ísto que estou a contar, podería ser subrealista, pero vai ser que non,
FOLGA XERAL XÁ , NEN UN PASO ATRÁS
marusía
Eu, en xeral, non son moi partidario das folgas como se plantexan en xeral, están desvirtuadas no seu fin...
Hai que pensar intelixentemente xeitos de mobilización que sexan efectivos...
Que é para min ser efectivos?...
Pois primeiro, actuar coma chantaxe para obter o resultado previsto, (niste caso que as reformas non perxudiquen a traballadores, pensionistas e parados e si a especuladores inversionistas)...
Segundo, que non impliquen un risco nin económico, nin penal nin físico aos que realicen a acción...
Terceiro, que a acción si sexa moi perxudicial para aquel a quen se quere presionar, niste caso, ao goberno, a gran patronal e "os mercados"...
Ideas?...
Pois non estou moi seguro, pero hai catro accións que ben coordinadas poderían ser letais...
Unha folgas de regulamento nas administracións, (se trata de bloquear o funcionamento da administración e de moitos servizos de xeito que o goberno quede inoperativo sin que poda nin castigar aos funcionarios nin descontarlles o día de salario), ista acción se pode reforzar con accións cidadáns de bloqueo, como a presentación masiva de instancias, de apertura de expedentes, de alegacións, de consultas, etc...
No sector financieiro, saturandoo os bancos por moitos pequenos movementos presenciais e por internet para saturar os sistemas e bloquear o sistema fincieiro para que salte, (imaxinemos continuos traspasos de 1 céntomo entre contas que non xeren gastos nin comisións, actualización de contas, apertura e clausura de contas, etc...).
No sector enerxético, unha acción coordinada de moitos cidadáns de encender e apagar simultaneamente aparatos co fin de provocar un fallo xeral da rede eléctrica...
Accións semellantes sobre as redes de transporte, (sacar ao mismo tempo moitos billetes e anulalos antes de que se carguen), etc...
Con todas istas accións ben coordinadas se da un toque moito mais grave as institucións e as grandes empresas, ¡e non poden descontar o día a ninguén nin se comete ningún delito!...
É unha opinión moi miña...
Pero teño sempre como o cuarto pracer nista vida o de foder aos que non queres ben...
Falar...
Facer...
Follar...
e
FODER!!!!...
Disculpade, debo andar con cistitis...
O meu comentario anterior non é "Cistadamorte", é "Costadamorte"
Enviar um comentário