Reflexións galegas e en galego

06/06/10

Pode quebrar un país?

Eu teño as miñas dúbidas. Mesmo diría que non, que é imposíbel. Outra cousa é que a débeda sexa doada de colocar, é dicir, que os mercados compren a débeda soberana a un prezo razoábel. E no caso do Estado Español non o está sendo, están apretando até o indecente para, non só que este realice aquelas reformas que lle interesan ao mercado, senón conseguir un prezo que roce a avaricia tendo en conta que o BCE dálle cartos ao sistema financeiro ao prezo case regalado. De aí que o paquete de medidas aprobadas hai unhas semanas pola UE, co inestimábel colaboración do FMI, non sexan para axudar a Grecia ou a calquera outro país en apuros, sexan para axudar ao sistema financeiro.

Pois o risco de que o Estado Español “quebre” ou que non sexa quen de colocar a débeda soberana para seguir financiándose é real. Hai uns días chegou ás miñas mans unha ligazón que cualifica o risco de quebra do Estado Español en Defcon 2. Xa sei que é un termo moi peliculeiro, que nos filmes da Guerra Fría, era o estado de máxima alerta no que se colocaban as forzas militantes previas a unha confrontación nuclear.

Os “mercados” deron un aviso con Grecia, e o seguinte na lista é o Estado Español. En fin, que isto ponse interesante, vamos a ter un verán quente, aínda que para o martes 8, data prevista de folga xeral no funcionariado, haxa certo enfriamento, certa indiferencia, mais é importante que este primeiro aviso aos mercados e ao goberno do PSOE sexa tan contundente que o obrigue a pensarse as próximas medidas a tomar.

3 Comentarios:

Costadamorte disse...

Quero facer unha pregunta a algún experto que de verdade teña coñecementos de economía e dereito internacional...

Se a crise económica chega a ser moi forte para España, e que o Estado entre en quebra por falta de pagamento da súa débeda...
Que pasa se o estado decide disolverse?, é dicir España acorda legalmente mediante as formalidades precisas disolverse e conceder a autodeterminación ás 17 comunidades e as 2 cidades autónomas?...
E si so se separa unha das comunidades?, (Galiza no noso caso)...
Como se herda a débeda pública e o tesouro?...
Como se herda o patrimonio do Estado?...
Supoño que existirá algunha doutrina respecto diso, [caso das disolucións recentes da URSS, Iugoslavia, ou a legal e acordada de Checoslovaquia, por non citar casos de procesos de autodeterminación de antigas colonias e de secesiones anteriores en Europa]...

Creo que en determinadas circunstancias, podería ser un bo negocio, polo menos para Galiza...

Creo que sería un bo tema para teorizar o nacionalismo galego, plantexarse os números, os precedentes e a doctrina do dereito internacional, e si é viable, substituir a cantinera aburrida do PP de eleccións anticipadas xa, por outra de independencia xa!...
(A miña teoría de abandonar o Titanic canto antes nun bote, denantes de que se esgonten as plazas nos botes)...

http://acostadamorte.blogspot.com/2010/05/estatuto-ou-estado.html

Imeneo disse...

UFF!! non creo que vexamos o panorama que ti describes. Nunca oíches o comentario de "antes una españa roja a una españa rota"?

Costadamorte disse...

Niso tes razón, pero non falamos de "España roja", falamos de que non me toquen a carteira...
A diferencia é que o separatismo na Galiza sempre plantexouse dende a esquerda e a solidaridade, eu propoño platexala xusto ao revés, dende a enxeñeiría fiscal e contable..., non podería interesarlle o asunto a xente como Ortega?, ;)...
Nos nos independizamos e vos tedes o voso paraiso fiscal, (ou a voso Luxemburgo bancario)...