Se eu lle debo 100.000 euros ao banco, o problema é meu; en cambio, se lle debo 100.000 millóns de euros, o problema é do banco.
Este problema resume perfectamente o problema que sacode nos últimos meses á Unión Europea. Non hai nada casual; se estes días estamos vendo que desde Alemaña hai constantes rumores e editoriais anunciando o rescate do Estado Español; se hai uns días o Presidente do Deutsche Bank visitou a Moncloa para reunirse con Zapatero; se a meirande parte da débeda soberana española está en bancos alemáns e franceses, está claro quen ten un problema: Alemaña e Franza.
O problema está no centro, nos países que son centrais política e economicamente na UE, isto é, Franza e Alemaña, non nos periféricos. Así o afirma Vicenç Navarro nun dos seus excelentes artigos.
Política e solucións colectivas
-
[ PAZ ABRAIRA SOBRADO ] Nunha cidade como Lugo vemos como cada día son máis
os que remexen nos colectores de lixo, os que pasan o día nos bancos dos
parque...
Há 1 hora

1 Comentarios:
http://caixanacionaldagaliza.blogspot.com/2010/06/un-diagnostico-da-crise-non-moi.html
Enviar um comentário