Reflexións galegas e en galego

11/06/10

O fútbol xoga co balón pinchado

O BNG ven de presentar unha iniciativa no Congreso para executar a débeda que ten o fútbol español ca Seguridade Social e con Facenda, e na que tamén se pedía que poñan límites aos salarios dos futbolistas e as primas que recibirá a seleccións española de fútbol.

A proposición de lei é moi oportuna e mesmo necesaria. Oportuna porque no contexto de crise económica, se se conxelan as pensións e os soldos e os investimentos públicos, o lóxico é que o Estado presione onde poida para recadar o que se lle adebeda para reducir o déficit. E tamén é unha medida necesaria para dar exemplo e cortar de raíz o actual despilfarro no fútbol onde se pagan cifras astronómicas por un xogador ou un adestrador, algo inmoral nunha situación tan grave de crise como a que estamos a pasar.

Agora queda por ver que farán o PSOE e o PP. De momento, liarse a tortazos entre eles.

0 Comentarios: