Reflexións galegas e en galego

02/06/10

Enquisa: que nome lle poñemos á nova caixa?

Da enquisa que puidestes votar nos últimos 20 días, logo de concretarse que haberá fusión entre Caixa Galicia e Caixa Nova, deu como resultado o seguinte:

  • Caixa Nacional de Galiza 37% dos votos
  • Caixa Galega 32% dos votos
  • Caixa Galiza 10% dos votos
  • Caixa Galicia 10% dos votos
  • Nova Caixa Galicia 5% dos votos
  • Galiza Nova 5% dos votos

Certo que esta enquisa non ten valor científico algún, e dubido moito que os que están xestionando a fusión teñan en conta os nomes que aquí se votaron, aínda que si que podían botar man das novas tecnoloxías e deixar que a sociedade galega sexa a que propoña o novo nome, a fin de contas, esta debería ser a maior beneficiada coa fusión das caixas. Aí, en todo caso, queda a proposta, e moitas grazas a todas e todos por participaren na enquisa.

2 Comentarios:

Costadamorte disse...

Estan todo o día na radio e na tvg cun spot de que cando un galego crece... e ao final non hai anunciante...
Teño a sospeita de que é o inicio da campaña para lanzar a nova imaxe da caixa fusionada, e que ainda non lle teñen o nome...

Imeneo disse...

Oio ese anuncio todas as mañás, que por certo non me gusta nada. Agora que o dis, seguramente estará relacionado. Xa se verá!