Reflexións galegas e en galego

22/06/10

De disparate en disparate

Hoxe aprobarase a reforma laboral, que non só subvencionará o despido do traballador, senón que liquidará os convenios colectivos, ademais doutra serie de medidas que atentan contra os dereitos dos traballadores e traballadoras.

Pero non contento con iso, o PSOE parece ser que quere dar unha volta máis á rosca. Segundo informa El Economista, o goberno estuda reducir a prestación por desemprego a partires de 2011, o que afogará aínda máis aos traballadores en paro, que aceptarán calquera condición laboral con tal de traballar. Un despropósito marcado polo catecismo do FMI e da UE.

1 Comentarios:

Costadamorte disse...

Compañeiro...
Hoxe non estou totalmente dacordo contigo...
Na miña opinión debería desaparecer completamente a prestación por desemprego, (o que popularmente se chama o seguro do paro e logo a prestación familiar ou o subsidio)...
Evidentemente non se pode deixar desprotexido ao que perde o seu emprego, así que na miña opinión, con ises fondos o que habería que crear era un "seguro de emprego", e dicer, un fondo de emprego de utilidade social que garantira a toda persoa non incapacitada a traballar nel cobrando o salario mínimo, e a poder ser algúns complemantos según cargas familiares, experiencia, capacidade e responsabilidade...
E decir, así por unha parte non habería parados, por outra garantíase unha boa cantidade de servizos "persoais" que a sociedade precisa e son complicados de fornecer e financiar, (atención a dependentes, axudas domiciliarias, traballos de mantemento de infraestructuras, rexeneración é defensa ecolóxica, etc...)...
Resumindo, non hai prestación, hai salario, pero para cobralo tes que traballar a xornada completa en traballos útiles socialmente que garante a administración e que ademais inclúan formación de reciclaxe e actualización profesional...
Por unha parte, desaparecerían falsos parados, (os que están na economía sumerxida e os que en realidade non queren traballar), por outro, os cartos investidos, ademais de servir para garantir un mínimo a quenes non atopan un traballo no "mercado laboral", servirían como investimento real en servizos...