Reflexións galegas e en galego

29/06/10

A cara e a cruz

Mentres Alberto Núñez Feijoo repartía a esgalla as medallas Castelao, o BNG reclamaba a apertura ao público do Panteón de Galegos Ilustres, onde están enterrados os restos de Rosalía de Castro e Castelao.

Recordemos que este espazo, que até hai uns días era de acceso público, pechouno a igrexa católica logo de gañar un contencioso, encerrando entre catro paredes aos máis senlleiros dos nosos patriotas galegos.

As administracións públicas galegas teñen responsabilidade e teñen a obriga de recuperar este espazo para todos os galegos. Dá igual as medallas Castelao que reparta o PP mentres que o que leva o seu nome estea encerrado entre catro paredes.

1 Comentarios:

Costadamorte disse...

Fai anos que desenvolvo a teoría de que é preciso nacionalizar todos os bens históricos da igrexa católica...
Non é unaha arroutada anticlerical, é un razoamento histórico-xurídico que demostra a natureza de bens públicos os bens acumulados pola igrexa denantes de que existira unha separación igrexa-estado...
A cousa ven de fai uns 14 anos, cando eu era concelleiro nunha vila e o goberno quiso facer un local social nunha parroquia e un polideportivo noutra, para elo quiso utilizar unhas propiedades da igrexa que ao final tivo que adquirir ao arzobispado...
O meu razoamento, que levei a pleno pero non foi aprobado, era que o Concello tiña que facerse con aqueles bens rexistrados a nome da igrexa por ser o arzobispado usurpador de bens que en realidade eran públicos, xa que perteñecían ao patrimonio de dúas parroquias, (un era a antiga rectoral que converteuse en centro social, e outro era parte da agra do igresario), que se foi conformando ao longo dos séculos con aportacións voluntarias, (doazóns herdanzas de persoas sin fillos), ou forzosas, (diezmos, primicias e indulxencias), nunha éroca en que a parroquia era a única institución de caracter "público" e administrativo que funcionaba no mundo rural, (e tamén no urbano)...
Isto foi así dado que a igrexa mediante os rexistros parroquiais levaba os censos e rexistros de poboación, durante séculos atendeu o xérmolo do que logo sería a beneficencia, as esmolas aos pobres, a alimentación da poboación en épocas de fame, o primeiro (e xeralmente único), ensino, maitas obras públicas, etc...
Logo, e ate o final do Franquismo, a igrexa nas parroquias actuou como administración pública, e, cando chegou o troco de réxime, os obispados rexistraron todos os bens que poideron o que estaban administrados polos cregos, nunha rapiña semellante a como fixeron moitos dirixentes e cargos medios dos países do Este cando a caída do comunismo...
Ises bens realmente non son da igrexa, son das parroquias como entidades civís, contempladas no Estatuto de Galicia e nunca desenvolvidas por ningún goberno "autoanémico", (nin siquera cando participamos nos ofuscados coa modernidade pijoprogre das areas urbanas)...
O caso é que eu defendía que o concello buscara o xeito de iniciar un preito pola titularidade en tanto en canto non se constituisen formalmente as respectivas parroquias civís...