Reflexións galegas e en galego

17/06/10

Cando o río soa...

Os insistentes rumores sobre o rescate financeiro español non fan máis que reproducirse. Como xa dixen onte, seguramente interesados, pero sospeito que algo hai.

Hoxe sae o xornal británico The Independent anunciando o inminente rescate do Estado Español por valor de 250.000 millóns de euros. O artigo inclúe declaracións do presidente do BBVA que di que os bancos están a ter dificultades para financiarse na banca estranxeira.

Non sei, pero hoxe reúnense en Bruxelas os líderes políticos da Unión, e mañá Zapatero recibe ao presidente do FMI na Moncloa, un organismo que financia o plan de choque que aprobou a Unión Europea o mes pasado.

Casualidades? Pode ser, pero os constantes rumores e os correspondentes desmentidos por parte do goberno fanme prever o peor. Xa se verá!

0 Comentarios: