“Las máquinas se apoderan de Wall Street y provocan el pánico en el mercado”
Así titula El País o caos que se viviu onte na bolsa de New York, que nun momento dado chegou a caer un 9% quedando posteriormente en case un 4%.
Se o mercado bursátil é tan oscuro como complexo para o común do mortais, agora temos que engadirlle un elemento máis para facer máis opaco este mercado que está poñendo de xeonllos ao mundo enteiro: o informático.
Na película Terminator as máquinas apoderábanse do mundo. Segundo El País, as máquinas xa se están apoderando do mundo, e empezaron por Wall Street, atacando coas súas incruentas bombas a países enteiros. Por desgraza non é broma, é moi real, xa que hai super-ordenadores que executan automaticamente operacións financeiras nun mercado no que a única lei que impera é a da selva.

1 Comentarios:
Je,je,je, ollando ísta nova , veume á memoria, (vai moitos anos) cando, entráramos nas Palmas, e mercara nas tendas dos Indúes ,unha clculadora con doce díxitos, e unha morea de operacións, que naquelentón na Galiza e na España non se atopaba fácilmente, tamén unha grabadora que cando fixen proba dela alí mesmo ,na tenda, eu sorrindo, comentáballe aos compañeiros que se atopaban conmigo , << manda carallo, disque alguén creou ó home, o home á máquina , pero creo que a máquina , vai esnaquizar ó home >>, boeno aí está, je,je,je, sonche cousas do demo , e se non , lembráivos que, de Orson Wells, un día , anunciaba pola radio, a invasión dos extraterrestes , craro que , a día de hoxe, os “Yankees” , ainda seguen traumatizados dende aquela, ¿ ou non ?, ainda están na busca das armas de destrucción masiva , ou era máis IVE, unha aperta , e xa podédes comprobar o que pode acontece por xogar cás “maquiniñas”………. :-) , saúde e bo día
marusía
Enviar um comentário