Reflexións galegas e en galego

12/05/10

Que nome lle poñemos á nova caixa?

Xa sei que non vai ter incidencia algunha, pero durante os últimos dous meses estiven recopilando as suxestións que fostes aportando para darlle nome á nova entidade. Estes son os nomes:
  • Galiza Nova
  • Caixa Nacional da Galiza
  • Caixa Galicia
  • Caixa Galiza
  • Caixa Galega
  • Nova Caixagalicia

Vota o teu nome preferido!!

3 Comentarios:

Anónimo disse...

Dos que propoñedes, quedaríame con "Caixa Galega", o de Galiza Nova estaría moi ben pero creo que ese nome xa está collido. Fóra dos que propodes tampouco estaría mal "A Caixa" xa sei que o nome é semellante a catalana pero sería doado e galego. Saude.

Hermida disse...

Coa que está caendo e con este xogo de nenos, como se os banqueiros foran facer caso.

Comisión Promotora da Caixa Nacional da Galiza disse...

Imeneo:
Unha aclaración, o nome de Caixa Nacional da Galiza o temos reservado "moralmente", (non o temos rexistrado mais que no blogspot), non para a caixa fusionada, se non para unha entidade nova, baseada noutros principios, con outros xestores e sen a morosidade que arrastran estas...
Para escomenzar, o temos reservado para unha entidade que nin siquera sería unha caixa de aforros, se non unha cooperativa de crédito...
Co actual marco legal, os bancos son sociedades anónimas...,
as caixas de aforros son fundacións...
e as cooperativas de credito son cooperativas...
Outra cousa é que case todas as cooperativas de credito levan a verba "caixa" no seu nome, pero non teñen moito que ver coas verdadeiras caixas de aforros salvo o ser entidades financieiras...
cooperativas de credito son a Caja Laboral, a Caixa Rural Galega, (e todas as caixas rurais do estado), as caixas profesionais, (hai tres no estado, a de enxeñeiros, a de arquitectos e a de abogados), e poucos exemplos mais...