Perdidos (Lost) é a serie de moda, aínda que eu, teño que recoñecer, que non vin nin un triste episodio, e polo tanto non sei de que vai. Pero aproveito o título “Perdidos” para reflectir cal é o estado actual do Goberno Central e do PSOE.
Este partido político, que se di de esquerdas, ven de aprobar en solitario un axuste económico anti-social, e nas antípodas do que aprobaría un partido que presume ser desta tendencia ideolóxica. Redución e conxelación de soldos aos funcionarios, conxelación de pensións, conxelación dos investimentos, eliminación do “cheque bebé” e da dedución por nacemento no IRPF,... etc, estas son as receitas do PSOE para salvar a crise ditadas polo FMI, a UE e Obama. Unhas receitas que non sandarán a economía do estado español, todo o contrario, entrará en barrena, e non hai que ser moi listo para ver que nos próximos meses se incrementará o paro notabelmente, e veremos se non chegamos aos 5.000.000 de parados.
O PSOE está “perdido”. Perdidos non só polos bandazos que dan -un día sacan unha medida e ás poucas horas rectifican-, senón porque están encadeados ás directrices dunha Unión Europea, que, agora si, se ve que é letal para os intereses do Estado Español. Sinceramente, só nos queda unha saída: botar fóra do euro, e non o digo eu, o di Paul Krugman, Premio Nóbel de Economía.
Política e solucións colectivas
-
[ PAZ ABRAIRA SOBRADO ] Nunha cidade como Lugo vemos como cada día son máis
os que remexen nos colectores de lixo, os que pasan o día nos bancos dos
parque...
Há 1 hora


2 Comentarios:
Eu sempre tiven o mesmo ponto de vista, falando do €uro ,
1 moeda de cen pesetas = Cen pesetas.
1 moeda de 1 €uro = 167 ptas.
Antes da entrada do €uro, 1 quilo de patacas, 30-40 ptas.
Coa entrada do €uro, 1 quilo de patacas, 1 €uro = 167 ptas.
, pois aí está o resultado,CATRO veces máis
Antes coas pesetas, mercabas 10 productos diferentes, prezo da mercadoria en resumo = 4.000 ptas.
Mesmos productos, hoxendía , 40 €uros, é dicer, case 7.000 ptas.
unha aperta
marusía
E que botando unha ollada á foto, eu, porialle o título de , < A perdida Rosa dos Ventos > , porque se vos decatádes, un está mirar pro Sul, outro pro Norde, outro pro Nordés, ela, pro Sur-oeste, e por último, hai un , que xa quedou cego, probe Moratinos
marusía
Enviar um comentário