Reflexións galegas e en galego

03/05/10

O problema non está en Grecia

A Unión Europea e o FMI salvarán a Grecia cun total de 110.000 millóns de euros para facer fronte aos pagos da débeda. Mais esta axuda non será gratis, será cun xuro do 5% o cal non é ningunha ganga. En cambio o Banco Central Europeo hai un ano inxectaba no sector financeiro miles de millóns de euros a un prezo case tirado.

Está claro entón que o problema non é Grecia, é o sector financeiro, que necesita cartos como o aire para seguir especulando e endebedándose indefinidamente, e se teñen que afogar a alguén non terán escrúpulos en facelo.

9 Comentarios:

Óscar de Lis disse...

Acima disso, Papandreu já anunciou "medidas" que repetem mais uma vez a linha de sempre dos ultraliberais: recurtar salários, aumentar jornadas, adelgaçar os serviços sociais, etc. E isso que é o presidente socialista! Como se não houvesse outras estratégias possíveis. Está claro que aqui quem marca o possível e o impossível é a direita.

Saúde

Imeneo disse...

Certo! a mellor saída para Grecia é saírse do euro e devaluar a súa moeda.

Anónimo disse...

Xa séi que o méu, non é a Economía, pero quero lembrar que , cando entrara o €uro, no Mercado da miña vila, unha sra. dicía a outra, " terán semellanza as dúas moedas ( pola feitura), pero, unha custa "cen pesetas" pero a outra " 166,666 pesetas", , ¿ tiñan a súa razón as sras. ?, o exempro que plantexaban era, antes o Quilo de Xurelos andaba polas 70 pesetas, e agora, os dous €uros, ou sexa, máis de 300 pesetas, unha aperta

marusía

Óscar de Lis disse...

É que não cumpre ser peritos em Economia para ver que o €uro apenas é mais uma forma de selvajaria económica - desta vez em Europa. Que trouxe de bom a UE para nós? Sinceramente, acho que a boa imprensa da UE na Galiza é mais de quatro convencidos e de promessas por cumprir que de fatos reais.

Saúde.

Óscar de Lis disse...

Por certo, olhai para este gráfico aqui:

http://4.bp.blogspot.com/_Vl2Z0ZCPd7w/S9_WDKmKkUI/AAAAAAAABAY/JktsJ_SHWOI/s1600/endividamento.jpg

Uma cousa fica clara: estas não são cifras humanas. Não é escala humana. Há que parar isto.

Hermida disse...

Estades feitos uns grandes economistas, meus. Propoño o Nobel de economía ex-aqueo para Imeneo-Lis-Marusía, os novos gurús do pensamento económico "made in na casa".

Imeneo disse...

Hermida, a palabras necias oídos sordos!

óscar, eu xa vin ese gráfico, pero noutro sitio. As cifras son de auténtica vertixe, e son indevolvíbeis. Así, preparémonos que veñen curvas e moi pechadas.

Anónimo disse...

Polo que a mín me toca, grazas Hermida, pero, por min , vai ser que non, por que, si con tanto Premio Nobel de Economía estámos así, pois quédome coa derradeira frase do teu comentario,

"made in na casa".
é a que mellor resultado dá, abofé que sí, unha aperta

A CRISE QUE A PAGUE O CAPITAL

marusía , premio Nobel do seu fogar

Imeneo disse...

Moi bo marusía, moi bo!! Os dos premios nóbel estánche moi devaluados, non só polo que ti indicas, senón que se lle dan o da paz a que máis tiros pega, é que algo non anda ben, non...?