Onte deuse a coñecer no Parlamento Galego os cartos que gastaron os partidos políticos galego nas pasadas eleccións galegas. El País, como non, saca punta e pon o dedo acusador nun só partido. Non é o PP, cuxa trama Gürtel só interesa estender a Madrid e Valencia, nin o PSOE. Non, poñen o dedo acusador no BNG, un partido que, con toda seguridade, gastou bastante menos que os outros dous, pero cómpre enmerdalo como aos demais.
Segundo este xornal, houbo unha empresa que foi a que levou a meirande parte do orzamento do BNG para as eleccións. Unha empresa, que, até onde eu sei, leva traballando para o BNG toda a vida, e, segundo eles, beneficiouse de contratos durante o bipartito. Digo eu, pois faltaría máis, como calquera outra empresa ten dereito a contratar coa administración, e estou completamente seguro que os contratos que levou non son nin a metade do que lle facturou ao BNG ao longo de toda a súa historia, e van alá máis de 25 anos, xa que esta empresa traballou con esta organización desde que o BNG é BNG, polo menos até onde eu sei.
No desglose dos gastos do BNG aparecen outras empresas, pero o xornal parece que se esqueceu de poñer ao seu propio grupo; ou acaso os anuncios que puxo o BNG na SER saíron gratis? Seguro que non. É máis, canto lle facturou PRISA ao Bipartito polas campañas publicitarias nos distintos medios dos que é propietario este Grupo? E que, xa postos, podemos enfiar unhas cousas con outras, como fai este xornal, e saber onde chegamos.
Está clara a intencionalidade deste xornal, enmerdar tamén ao BNG; mais este grupo mediático non é quen de dar leccións a ninguén, xa que non é ningún segredo que se beneficiou moito dos distintos gobernos socialistas, e que non dubida en chantaxear a todo aquel que non se plega aos seus caprichos e intereses.
En fin. Xa que presumen tanto de obxectividade e bla-bla-blá, agardemos que mañá saian tamén as contas do PP e pasado as do PSOE, seguro que as sorpresas son maiúsculas.