Reflexións galegas e en galego

28/08/09

Vil manipulación dos informativos de La Sexta

Non é nada novo que os medios de comunicación occidentais en xeral, e os españois en particular, téñenlle unha "manía" especial a Hugo Chávez, Presidente de Venezuela, que, en coincidencia co Imperio, o teñen encadrado dentro do eixo do mal. O que veredes no primeiro vídeo é o que dixeron no Informativo de La Sexta, a continuación veredes o que dixo realmente o Presidente Hugo Chávez. Como veredes, calquera parecido coa realidade é pura coincidencia. Para que logo presumamos de prensa libre e democrática, e bla, bla, bla...

O primeiro dos vídeos é a noticia de Telesur no que Hugo Chávez se defende da acusación de Colombia de vender uns lanzagranadas ás FARC, que fora roubados por esta 15 anos antes, feito do que tiña coñecemento o goberno colombiano, que soltou esta cortina de fume para desviar a atención sobre o acordo co Estados Unidos de Obama para colocar unhas bases militantes neste país.

O segundo, o de La Sexta, colle fragmentos da anterior noticia e fai outra radicalmente distinta e ficticia, que comenza dicindo que "Chávez anuncia unha guerra en sudamérica", amosando os lanzagranadas (os mesmos de antes) cos que disparará a Colombia. Vamos... delirante.


De onde saqueis os vídeos

La Voz de Galicia manipula con malicia



O que me sorprende é que houbera tanta xente que se deixara liar por este xornal.

24/08/09

A estratexia do porto deportivo de Cangas

Quero deixar claro, en primeiro lugar, que non teño un coñecimento moi exhaustivo sobre a construción do porto deportivo de Cangas en terreos da antigua factoría de Massó, promocionado por Caixa Nova e Marina Atlántica en terreos da Autoridade Portuaria de Vigo, mais coido que hai moito interese en endosarlle ao BNG unha problemática obra da que esta organización non é responsábel.

Aínda que se leva a cabo en Cangas, nun concello co-gobernado polo BNG e outras forzas políticas, e tratándose dunha obra de interese-supramunicipal, o concello pouco ou nada pode facer; efectivamente, pode paralizar a obra temporalmente, aducindo que lle falta unha licenza ou non sei que papel, pero pouco máis, e unha vez arranxado o problema burocrático a obra continuaría.

Daquela, se o que realmente se quere é parar a obra definitivamente hai que canalizar a presión política e social cara os verdadeiros responsábeis da mesma, isto é, Caixa Nova, Marina Atlántica e a Autoridade Portuaria de Vigo (gobernada por Corina Porro, do PP), que, malia ser os únicos que en verdade poden paralizar definitivamente a obra, son os grandes ausentes dun debate mediático que ten como única diana o BNG, a única forza política que presentou unha iniciativa no Parlamento Galego e outra no Congreso dos Deputados para parar a obra, o que deixa claro, o posicionamento do Bloque a respeito da mesma.

Temos que ter en conta unha cousa, esta obra lévase a cabo no corazón do Morrazo, en Cangas, comarca na que o BNG nas últimas municipais acadou a maioría, e polo tanto o goberno, na maioría das localidades mesma (Cangas, Bueu e Moaña). Isto lévame a pensar que dentrás desta estratexia de endosarlle ao BNG a responsabilidade dunha obra da que non ten nin arte nin parte, hai unha clara intencionalidade política para erosionar ao BNG nunha das comarcas do país con mellores resultados electorais, e por extensión salpicalo tamén a nivel nacional.

Queremos parar as obras do porto deportivo? Se a resposta é sí, non podemos desviar a atención dos seus lexítimos responsábeis, é dicir, Caixa Nova e Marina Atlántica en terreos da Autoridade Portuaria de Vigo.

23/08/09

Barreiro dimisión

Xosé R. Barreiro: "Hai problemas máis graves neste país có da lingua".

Se isto o dixera unha persoa calquera, poderíase entender, pero que o diga o Presidente da Real Academia Galega é moi grave, a parte que unha irresponsabilidade.

E digo eu, que pensarán desta afirmación José Luís Méndez Ferrín, Ramón Villares... sen esquecerme do novo académico Manolo Rivas?

19/08/09

A galiña azul

A Consellaría de Educación decidiu mudar o logo das Galescolas, que consistía nunha escoliña cun sorriso e cunha bandeira adosada. Isto último e moitos dos contidos que disque se daban nas Galescolas do BNG non gustaban nada ao PP, e digo ao PP, porque non coñezo a ningunha nai ou pai que se queixara dos contidos lectivos, nin dos mandilóns, nin de nada parecido, sen embargo o único que oín foi que se puxeran máis Galescolas para que os pais puideran conciliar vida laboral e familiar.

O novo logo é unha galiña azul, que segundo Jesús Vázquez, -o Conselleiro, non o presentador-, é máis amábel e despolitizada. Nada máis coñecer o nome do logo, a Galiña Azul, veume á mente unha canción da infancia e que seguro coñecedes, e que ademais préstase a facer algún tipo de paradoia, deste cambio tan absurdo. Déixovos coa canción.


17/08/09

Crash Course

Medrar, beneficios e máis beneficios. Esa é a esencia do capitalismo, o modelo económico que domina este mundo. Mais este modelo está dando sinais de esgotamento, e as recentes convulsións económicas non son senón un síntoma de que algo non marcha ben. Poderíase aprender da crise para mudar o que estexa mal dentro do modelo económico capitalista, mais todo parece indicar que non hai intención algunha de mudar de modelo, e todo vai seguir igual, porque todos queremos que non cambie nada. Pero este modelo económico basado no crecemento continuo, que ten como combustíbel o petróleo, un recurso enerxético finito, e non se albisca no futuro inmediato un sustituto, está condenado ao fracaso, e para daquela, non teremos máis remedio que cambiar de modelo e de cambiar boa parte dos nosos hábitos.

Deixovos a continuación unha serie de vídeos que elaborarou Chris Martenson titulado Crash Course. Estes vídeos son un curso intensivo de economía, onde o seu autor explica de xeito moi didáctico conceptos como a inflación, a débeda, de onde saen os cartos, o pico do petróleo, as burbullas económicas, etc, chegando a unha conclusión: se non rectificamos imos directos ao abismo, e non tardaremos en caer. De nós depende.

14/08/09

Revolucións de cores

En Serbia, Georgia, Ucraína, Kirghiztan e máis recentemente Irán levánronse a cabo distintos levantamentos populares, que agás no último país citado, alcanzaron o seu obxectivo, derrocando o poder estabelecido por un de novo cuño, máis proclive aos intereses dos Estados Unidos. En todos os casos, tamén no Irán, estas revolucións populares seguiron un guión coincidente: eleccións, cuestionamento dos resultados, levantamento popular ataviado cunha cor diferente (laranxa en Ucraína, verde en Irán, ...) e derrocamento do poder estabelecido.

No seguinte vídeo, emitido na Televisión Pública Venezolana, podemos ver que detrás dese guión coincidente, está detrás distintas fundacións vinculadas a “patriotas” americanos de distinto signo “ideolóxico”(?); así a fundacións como Freedom House ou outra vinculadas a Madeleine Albright, George Soros ou John McCain aparecen detrás destas revoltas populares, que, como moi ben din os seus “embaixadores” teñen como misión levar a democracia a todos os países oprimidos e defender os intereses americanos en todo o mundo. Como vedes, tanto demócratas como republicanos teñen moi asumidas as necesidades do imperio, actuando en calquera parte do planeta para defender os intereses do pobo americano.



Para ver en pantalla grande, clica aquí.

Opresións

O Burkini é un traxe de baño, especialmente deseñado para as mulleres musulmanas que desexan desfrutar da praia ou da piscina, que cobre todo o corpo, agás a cara, os pés e as mans. Isto vén a conto, porque esta semana saíu nos medios que a unha muller musulmana, ataviada co burkini, non puido entrar nunha piscina pública de Franza.

Sin embargo, aquí vemos abaixo unha foto dunha especie de burkini, só que este é de competición, o que utilizan as nadadoras profesionais para mellorar as súas marcas. Como podedes obserbar, este traxe de baño profesional ten un parecido máis que razoábel co famoso burkini, que desata todo tipo de controversias, porque considérase que é un xeito de opresión contra as mulleres.

Cada quen que vaia como queira, que ninguén lle diga a unha muller como ten que ir vestida na súa casa ou na rúa. Pero se unha nadadora pode utilizar un bañador que semella un burkini, por que unha musulmana non pode utilizar un burkini que é máis acorde coas súas tradicións e os seus gustos? A todo isto, falando de opresión non sei que será máis opresivo para as mulleres, levar un burkini ou zapatos de tacón de 10 centímetros. Por moito que me digan, estes zapatos non poden ser nin cómodos nin saudábeis.

12/08/09

Vaso medio baleiro ou medio cheo

Unha mesma noticia e dúas formas de dala completamente diferente. O asunto é que o INE deu a coñecer os datos da venda de pisos, e dí que no mes de xuño deste ano vendéronse un 25,5% menos inmobeis que en xuño do ano pasado.

Así as cousas, El País, do Grupo Prisa, titula a noticia "La venta de casas remonta en junio por primera vez desde el estallido de la burbuja". O xornal Expansión, do grupo Unidad Editorial, a mesma á que pertence El Mundo, titulaa do seguinte xeito: "Las ventas de viviendas caen un 25,5% en un año".

Como vedes todo depende do cristal ideolóxico con que se mire. Agora que, os datos son os datos, e se en xuño se venderon un 25,5% de pisos non é como para estar optimistas.

Actualización: 13-08-2009
Segundo o Banco Central Europeo a economía da Unión tocou fondo, e agora só hai que agardar a que suba, empuxados por Franza e Alemaña. Ao outro lado do charco tamén parece que o ven máis claro. No Estado Español, vamos polo duodécimo mes consecutivo de caída de prezos, cinco deles en negativo, a un pasiño de que tecnicamente se estea en deflación (a ver que pasa cas subidas salariais nos convenios dos traballadores e cas pensión, porque esta baixada prezos que di o INE na rúa non se percibe).

Non sei, pero para min que todo isto é unha serpe de verán, e a volta do verán xe veremos que pasa.

05/08/09

Estafa piramidal global

Acordades de Madoff, o que estafou aos ricos 50.000 millóns de dólares nunha estafa piramidal. Pois isto é pecata minuta comparado ca mega-estafa da déveda dos Estados Unidos.

A cadea CNBC fixo unha ranking dos 16 maiores acreedores de débeda do Imperio que ascende a cantidade astronómica de 11 TRILLÓNS de dólares, cifra que aumenta cada día por mor do tremendo déficit público que ten este país.

Esta listaxe comeza no posto 16º por un paraíso fiscal -como non-, Luxemburgo, séguenlle banca privada, países como Rusia, Brasil, Gran Bretaña Xapón ou China, fondos de pensións, países exportadores de petróleo, compañías de seguros, máis paraísos fiscais, Estados norteamericanos (California entre eles, que ten un pé na banca rota), etc. Pero sabedes o mellor de todo?, que o 40% da débeda, 4 trillóns de dólares, é do propio goberno americano, que se vende débeda a si mesmo para ter efectivo cartos con que pagar os seus gastos, entre os que destaca o gasto militar. Como podedes supoñer, con semellante poder armamentístico, calquera lle di que pague o que debe.