A famosa enquisa da Consellaría de Educación sobre o galego no ensino obrigatorio reflicte un panorama desolador, da que se pode vaticinar a desaparición do galego en escasos anos.
Na enquisa di que un 58,8% dos nenos e nenas galego teñen como lingua inicial o castelán. A esta cifra hai que engadirlle o 19,6% de nenos que teñen como lingua inicial o galego e o castelán. En resumidas contas, e tendo en conta a situación diglósica do galego fronte ao castelán, o 80% dos nenos e nenas de educación infantil teñen como lingua inicial o castelán. O 80 %, repito.
Isto para min é o máis relevante da enquisa do galego na educación. O resto de datos é a consecuencia lóxica dunha situación do galego dramática, que debería estar na UVI, e no canto diso o PP daralle a puntilla, e Feijoo pasará a historia como o exterminador do Galego se leva adiante o seu plan de liquidar o galego do ensino obrigatorio, para o que contará con colaboradores especiais, que viven, e moi ben, do galego.

A este paso, os galegos falantes acabaremos vivindo nunha reserva, como os indios.