
Chegoume por correo electrónico un libriño publicado en 1940 para os rapaces da ditadura. O libriño, titulado
Así Quiero Ser, editado con "Censura eclesiástica", alecciona aos máis novos sobre cousas como a patria, a familia, o Caudillo, o comercio, o diñeiro, a liberdade, etc... con aseveracións como "
El Caudillo sólo responde ante Diós y ante la historia", ou "
El destino universal de España ha sido la salvación de todos los pueblos por la fe".
Á marxe de aseveracións como as anteriores, tamén aparecen outras instrucións dunha maior transcendencia social, como "
La previsión social asegura el pan de todos los trabajadores, aunque no puedan ganarlo", que nada teñen que envexar ao estado do benestar actual, outra cousa é que se cumprira.
Afortunadamente a meirande parte do que se di neste libro non ten rigor científico de ningunha caste, por iso as cousas, por moito que se insista, caen polo seu propio peso. Pero a ditadura de Franco sabía da importancia de recibir "instrucións" como as que firugran neste libriño desde ben pequeniños, por iso os seus heredeiros ideolóxicos non queren que se imparta en galego as asignaturas da educación obrigatoria, e queren desmantelar as Galescolas. Saben moi ben que unha educación en galego educará a mozos e mozas conscientes do seu País, e iso é algo que queren evitar a toda costa, queren evitar que Galiza exista.