A Xunta Electoral vén a ratificar o xa anunciado hai uns días: os emigrantes que queiran votar teñen que aportar a fotocopia do DNI ou pasaporte no sobre da votación. É unha solución a medias, e insolidaria cos electores da propia terra. Eu se quero exercer o meu dereito ao voto teño que ir a un colexio, ensinar o DNI -orixinal, non valen fotocopias-, e se estou no ceso podo votar. Os emigrantes desta volta teñen que enviar unha “fotocopia”, e con iso xa poden exercer o seu dereito a elixir os seus representantes.
Por se algunha dúbida tiñamos a resolución da Xunta Electoral Central vén a ratificar o que moitos sospeitábamos, que na emigración podía votar calquera, xa que ninguén garantía a limpeza deste proceso.
O curioso é a actitude do PSOE nesta cuestión. Se en 2004 esixía limpeza e garantías, e dixo en máis dunha ocasión que, de gobernar, reformaría o voto emigrante, hoxe pelexa para que os emigrantes poidan votar sen garantías de ningún tipo, nin sequera lles valen as fotocopias. Esta actitude denota moita desesperación pola súa parte, actitude que pode ser debida a dúas cousas: a unha maioría absoluta do PP ou a que se reduza a diferencia que teñen co BNG.