As leccións da crise

O diñeiro é débeda. Este é un documental que no seu momento vos recomendei ollar. Nestes días está de plena actualidade. O sistema financeiro global creaba cartos das hipotecas concedidas contando que o currante de a pé podería pagalas, e contando, que, en todo caso, se non pagaba, quedaríanse coa casa, que, tal e como estaba o mercado inmobiliario naquel intre, pois a banca sempre saía gañando, porque as casas terían máis valor.

Pero o sistema financeiro quería máis e máis cartos, para xerar máis e máis beneficios para encher os petos dos altos executivos e empezaron a conceder hipotecas de escasas posibilidades de cobro, Subprime, e as grandes financeiras empezaron a crear produtos cada máis máis opacos e máis enrevesados cos que comerciar e cos que crear máis e máis cartos para conceder máis e máis hipotecas.

Problema: que o currantiño de a pé non puido pagar e todo empezou a derrubarse. American Home Mortgage, Northern Rock, Bear Stearns, IndyMac Bank, Fannie Mae, Freddie Mac, Lehman Brothers e AIG; este é o rosario de empresas que quebraron ou foron salvadas “in extremis” polos bancos centrais, é dicir polo estado, no último ano. As cifras das súas débedas son mareantes, tanto, que se a riqueza “colectiva” que xeraran fora de igual calibre outro galo nos cantaría.

O paradoxo de todo isto, algo que xa subliñei noutra ocasión, é que os Estados Unidos, paradigma do libre mercado estea a intervir e a nacionalizar sen o máis mínimo rubor. Pola contra, en Europa, o Joaquín Almunia, Comisario Europeo de Economía, advertiu onte que o “pacto de estabilidade” que fixa os límites do déficit público dos estados membros non se altera por mor da crise. É dicir, que os Estados, en definitiva, que os cidadáns apanden cos pratos rotos da crise que xeraron os máis ricos. Vamos que, por exemplo, nada de subvencionar aos mariñeiros ou aos gandeiros para que as súas rendas sexan un pouco máis altas. Aquí ao único que se subvenciona é ao grande capital para sigan a facer o mesmo que fixeron até agora: especular.

9 Comentarios:

antidemagóxico disse...

Menos mal que temos o gran combatente Bieito Lobeira para loitar contra o imperialismo (véxase ANT)! Este rapaz está facendo méritos para participar no Club de la Comedia, diso non hai dúbida.

Carlos disse...

Méritos xa fas ti abondo!!!

antidemagóxico disse...

Si, home, pero el lévame moita vantaxe. Demasiada.

antidemagóxico disse...

Como fervoroso partidario da intervención do Estado na economía, estarás de acordo co que acaba de facer Bush, non? Sorpresas te da la vida/la vida te da sorpresas/ay, si.

antidemagóxico disse...

Unha curiosidade, Ime. Foches elixido delegado para a asemblea ou quedaches a velas vir?

Anónimo disse...

Non sei Imeneo , pero eu non , entón agora ,como non saín delegado,pois nada , que me collo un "cabreo" , e me monto outro " partido " dentro do BNG,e así cada militante que non saia delegado,pois que faga o mesmo,manda carallo,pola base,polo centro,por riba eeeeee pa dentro,unha delegada tarde

antidemagóxico disse...

Tedes un cacao marabillao montado no Bloque de moito caranio. Mais ti tranqui, podes ver a asemblea pola QuinTV, que como é de alta definición dache a sensación de estar alí.

Anónimo disse...

A ver,antidemagóxico,(primeiramente boa noite),o cacao,non o ten o BNG,o cacao,teno algún no BNG,que é moi diferente,ademáis sinxelamente,o que non queira traballar,xa sabe,menos protagonismos e máis traballar,que ainda quedoume grabado aquilo de "e que Fraga xa ten 72 anos ",e normalmente,a historia pasa factura,un ex-Beirista,pero do BNG,punto e pelota,boa noite a todas-os,e adiante co BNG

Anónimo disse...

Por certo,antidemagóxico,ollaréi a Quin.tv,xa que ainda que quixera ir,non podo,grazas por me avisar,por certo hai un novo partido,Independistas non sei que,si,pretenden recadar fundos pra mercar ferramenta de ...........!! non á guerra !!,as armas ,fan moita "pupa"