O obxectivo no horizonte

Dende 2004 até as eleccións de marzo houbo unha confrontación moi forte entre o PSOE e o PP, o que produciu, non o desgaste dalgún deles, senón o afortalamento do bipartidismo, que se traduciu nun aumento de votos e escanos dos dous partido maioritarios que ocupan, entre os dous, máis do 90% dos escanos do Congreso dos Deputados.

Despois das eleccións foi sintomática a resistencia do PSOE a pactar con ningún partido "minoritario" a investidura de Zapatero como Presidente do Goberno, que foi elixido en segunda volta, algo inédito na corta democracia española.

O outro partido maioritario, o PP, está inmerso nuna aparente crise, pero, ou moito me equivoco, ou o que está sucedendo neste partido é que os artífices da cripación están abandonando a escea política e tamén mediática deixando a Rajoy, unha persoa de cariz máis moderada e coa que se pode chegar a acordos, rodeado dun equipo de similares características (Gallardón, Soraya, Camps, ...).

E hoxe, logo de ver o anuncio da Vicepresidenta do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, de que se ía inicar a reforma da Constitución e reformar a lei electoral, co obxectivo de converter o estado español nun estado bipartidista ao máis puro estilo ianqui, con primarias incluídas, eliminando aos partidos pequenos no estado, pero cunha representación máis ou menos importantes nas distintas nacións. Pero para iso necesita chegar a acordos, acadar un consenso "amplo" coas forzas políticas, e que maior consenso, dende unha optica centralista e españolista, que pactar estas reformas co seu alter ego político, o PP. Ao tempo!!

2 Comentarios:

antidemagóxico disse...

Non sabes ler, ou? A reforma electoral non vai no camiño que dis.

Pero ti xa vas de desconfiado, no máis puro estilo bloqueiro pola vella pre-1982.

Non me estraña que te marxinen os teus e non te incluúan no "top ten" de blogs nacionalista.

Que se sinte ao non ser querido polos propios?

Anónimo disse...

Antidemagóxico , nunca te fíes das túas proprias verbas,unha aperta dende Galiza