O PSOE quere uns pisos de merda para a xente

O PSOE ataca unha medida da Consellaría de Vivenda consistente en regular a calidade das construcións en Galiza. Para elo utiliza un duplo xogo, -algo habitual neste partido-, onde, por un lado Touriño apoia (daquela maneira) as normas, e pola outra, utilizan outras institucións, a FEGAMP, para atacar esta normativa. Segundo a FEGAMP hai aspectos lesivos na norma que vulneran as competencias municipais. Pola súa parte o BNG defende a Norma de Hábitat Galego por iso regulará unha calidade das vivendas postas á venda, algo que, se se cumpre, irá en beneficio de todos; bueno, de todos non, menos dos construtores que queren gañar máis a costa de vender pisos de merda, e parece que sempre atopan quen os defendan.

6 Comentarios:

antidemagóxico disse...

Ti dis "O PSOE quere uns pisos de merda para a xente". E a xente vai e vota ao PSOE moito máis que ao BNG. Logo a conclusión sería que a xente quere "pisos de merda". Ou é que fas demagoxia unha vez máis?

Anónimo disse...

Boa tarde a todas-os,quero comezar,antidemagóxico,que a xente na galiza,non votaron polos candidatos galegos,e tí o sabes,votaron por ZP,a cuestión está en que se por exemplo,a xente se le houbera explicado deste tema,como o da "economía "nestes intres,abofé que o resultado sería outro,tí tamén o sabes,máis referente ás vivendas,¿por qué,obrigan ás parellas novas,a mercar vivendas de 30 ou 40 millóns de pesetas ?,claro,así estarán pagando a hipoteca durante 40 anos,e dicir,rematarán os netos,de pagar a hipoteca,xa abonda,que deixen construir mais vivendas de protección oficial ou como lle queiran chamar,prá xente que non ten medios,pero iso sí,con bos materiais,que os probes tamén teñen direito,que xa abonda de tanta Fadesa e tantas empresas piratas que cando rematan o "chollo",desaparecen,e os obreiros á puta rúa,iso sí,despóis de levarse os "cartiños" pra outro sitio,por exemplo pra Madrí,!! menos especulación,e máis vivendas dignas pra os que non teñen medios !!,isto tamén é demagóxia,¿non si?

antidemagóxico disse...

Pois si, o teu é unha mestura indiscriminada de desinformación, de ideoloxía simplista e de demagoxia. Síntoo, pero ti o preguntaches.

Dito isto, estou a favor de que haxa máis vivendas de protección oficial e opino que, en xeral, Táboas o está facendo bastante ben.

busto.agolada disse...

Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presencia.
Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Para máis información:
http://blog-xuntanza.blogspot.com

Imeneo disse...

Antidemagóxico, sinto anunciarche que lamentabelmente eliminei un comentario que fixeches neste post, se mal non recordo pegaches as declaracións dos colexio de arquitecto da Coruña sobre as Normas de Hábitat Galego. Esta eliminación involuntaria, -mellor dito, non consciente-, debeuse a que Costa da Morte enganouse de post ao deixar un comentario e pediume que o arranxara, e o único de arranxalo era copiar o texto, eliminalo e pegar o comentario no post axeitado. Lamentabelmente neste proceso equivoqueime de comentario e eliminei o teu.

Espero que saibas perdoar este fallo irreparábel, que é a primeira vez que me pasa, e, coma sempre, queda a túa disposición para o que queira opinar. Por certo, nunca me vin obrigado a eliminar ningún comentario, e que eliminara un dos teus dóeme especialmente. Sinto!!

Máis nada. Un saúdo.

P.D.: Costa da Morte, xa tes o comentario no seu sitio, en Made in China.

antidemagóxico disse...

Nada, tranquilo, non te preocupes. Erros deste tipo cometémolos todos a cotío. Un saúdo.