É imposíbel imaxinarse o inferno sen ter en conta a situación na que viviu a muller austríaca secuestrada e violada polo seu propio pai durante 20 anos, do cal tivo sete fillos que correron idéntica sorte. Este crime horrendo aparecerá en todos os informativos durante días, e o home que cometeu este horríbel crime será xulgado e condenado, pasando a historia dos monstros como tantos outros.
Sen embargo, outros crimes tamén horrendos, que afectan a miles (por non dicir millóns) de persoas, e que foron perpetrados por persoas elixidas democraticamente como representantes dun pobo, como o foi Hitler, só ocuparán uns segundos nos informativos, e os executores e/ou os seus instigadores nunca pasarán a historia como criminais que son.








1 Comentarios:
Pero ti que dis? Estás exculpando implicitamente a ese monstro austríaco porque outros monstros non son tidos por tal? De onde sacas que Hitler non pasou á historia como un criminal? En que mundo vives? Ti que libros les? Hoxe só os neonazis afirman que Hitler non foi un criminal. Ás veces alucinas, meu.
Enviar um comentário