Made in China

Din que China é a fábrica do mundo. Un país enorme, con enormes contrastes, pero que paseniñamente estase a converter -se non o é xa-, nunha potencia de primeiro orde non só no económico, senón tamén noutros aspectos, así que a presión internacional sobre o seu papel no Tíbet pode ser debida en grande medida a esta cuestión, porque non doutro xeito se pode entender a pasividade internacional sobre outras conflitos nacionais como a do Sáhara, Palestina, Chechenia... nacións asoballadas, cuxos dereitos son ignorados pola “comunidade internacional”.

De todos os xeitos, e na miña opinión, esta presión internacional é debida a un pataleo momentáneo do imperio decadente, que aproveita a repercusión mediática de China a nível mundial por mor da celebración do xogos olímpicos, e o máis probábel é que non irá máis alá, porque non hai que esquecer que China é a grande fábrica do mundo e grande proveedora de man de obra barata cuxos beneficios sonlle moi rendíbeis ás transnacionais. Despois destes meses a cuestión do Tibet quedará relegada ao olvido, como ata hai un días, porque o que importan son os cartos (os que xeneran o xogos tamén, por suposto) non os dereitos humanos.



4 Comentarios:

antidemagóxico disse...

Si, vale, pero dinos a túa posición respecto do réxime chinés.

Paréceche ben un goberno ditatorial comunista que promove un duro capitalismo no que os salarios son baixísimos, non hai dereitos laborais básicos e os traballadores están hiperexplotados, e nin a máis mínima liberdade senón a represión pura e dura?

Paréceche ben? Defínete!

Imeneo disse...

Mira Antidemagóxico, fai un repaso pola túa casa e tira todo canto aparello, roupa, cacharros varios... etc, que atopes que estean fabricando en China, e despois ven a pedirme explicacións, que chas darei encantado.

Para loitar contra unha ditadura, sexa da cor que sexa, non hai que parapetarse detrás dunha pancarta oportunista, pódese facer no día a día, a través da vida cotián de cada quen.

antidemagóxico disse...

"Pódese facer no día a día, a través da vida cotián de cada quen". Faltouche engadir: ... como fago eu. Ou non o fas?

Sigues sen definirte e vaste polas ramas, meu.

Costa da Morte disse...

Pois a min os chinos parecenme xente de moita iniciativa e gran inventiva.

Por exemplo, tomado de:

http://www.davinxi.net/2007/04/20/otros-dos-metodos-de-tortura-china/

Algúns me chamaredes sádico pero aquí van cinco métodos da famosa tortura chinesa. Veña, veña, xa tedes onde elixir.

Aquí vai o primeiro:

Para esta tortura úsase o Cal Viva. Suxéitase fortemente ao prisioneiro e agárraselle o brazo esquerdo primeiramente. Logo íaselle introducindo aos poucos, primeiro por un dos seus dedos no Cal e esta a o reaccionar coa auga do noso corpo descompuña todos os tecidos da pel ata chegar ao óso e deixalo sen carne. Este método era un dos máis eficaces xa que os prisioneiros non podían resistir a dor e tan só con introducirlle parte dun dedo rendíanse.

O segundo:

Colocábase ao preso unha campá de grandes dimensións na súa cabeza e empezábana a tocar para que soase, o ruído que provocaba volvía tolo ao preso se non declaraba.

O terceiro:

Esta sen dúbida é unha das máis desagradables. Colocábase ao torturado a catro patas, nun caldeiro metíase unha rata e empezábase a quentar a gran temperatura, a rata púñase nerviosa e intentaba buscar unha saída. Este cubo achegábaselle ao cú da vítima e a rata sen outra posibilidade introducíase por este para intentar escapar.

O cuarto:

Introducíanse escarvadentes de madeira nas uñas dos presos e prendíanse lume. Lentamente íase achegando ata queimar a carne. Isto foi utilizado tamén na ditadura de arxentina.

E o quinto:

A persoa era enterrada ata o pescozo na terra á beira dun formigueiro. Xa vos podedes imaxinar o que farían estas formigas...