Nesta ocasión Galiza empeñouse en non ficar á marxe, e non só quere ter voz propia, senón que quere contar e ser decisiva en Madrid da man do BNG.
Nunhas eleccións fortísimamente polarizadas polo PP-PSOE, que arrasou a IU, a EA, a ERC, e partidos como CiU e PNV perden votos e representación no Congreso, o BNG mantén a súa representación sube sensibelmente no cómputo galego e estatal.
Nunhas eleccións fortísimamente polarizadas polo PP-PSOE, que arrasou a IU, a EA, a ERC, e partidos como CiU e PNV perden votos e representación no Congreso, o BNG mantén a súa representación sube sensibelmente no cómputo galego e estatal.





22 Comentarios:
Sin estar moi contento, polo menos se detivo a tendencia a baixa, (penso que o BNG debería ter unha suba algo maior da que tivo, pero a presencia en todas as televisións do PSOE, e en menor medida do PP, a conta do atentado do venres, con imaxes e declaracións repetidas ate a saciedade de Zapàtero e outros líderes do PSOE, así como chamamentos masivos a participación dos editorialistas, que entre liñas se podían leer nuns medios como chamamentos a votar PSOE, e noutros a votar PP).
O BNG pode decir que obxetivamente foi a única forza nacionalista que resistiu a bipolarización subindo un pouco en votos e en porcentaxe, o que non é pouco, porque CiU subiu un deputado, pero se deixou 60.000 votos dende o 2004 e o PNV perdeu case 120.000 votos, soio Na Bai tivo un comportamento semellante ao do BNG...
Home, "votar como galegos" (sic.) só o fixo o 13.05%. Con que pouco te conformas!
Como di Brétemas:
A quinta é de preocupación con respecto aos apoios recibidos polo BNG que, a pesar de resistir (aumenta en 22 o seu número de votos, o que nunha atmosfera bipartidista tan adversa xa é un éxito), a verdade é que, como lle sucede tamén ao PP-G, non consigue arrincar nas cidades (a pesar de participar na maior parte dos casos os gobernos municipais). En Vigo perde 500 votos (quedando nun 11,29%), en Pontevedra 1.200 votos (10, 51%), en Ourense 2.521 (10,27%), en Ferrol 1.203 (8,67%), na Coruña 631 (10,46%), en Lugo tres votos menos (9,95%). Só en Compostela, onde aumenta 139 votos, ten unha lixeira mellora da súa porcentaxe que acada o 13,05%. A resistencia do BNG alicerzouse, como xa se apreciou nas municipais, nas vilas intermedias e no aumento do voto militante nos concellos do medio rural. Con todo, os actuais resultados do BNG (moi semellantes aos das Xerais de 2004) quedan moi lonxe daqueles 306.268 votos (18,6%) obtidos nas Xerais de 2000.
De todos modos, parabéns. A ver se sodes capaces de rendabilizar a presenza no parlamento.
A min esa desculpa do bipartidismo, os medios e todo iso sóame moitísimo ao discurso de IU co mesmo e máis co sistema electoral. E acabamos de ver como remata IU por non afrontar outras causas e outros retos en vez de botar as culpas sempre fóra.
Sinto pero o BNG non só se mantivo senón que subeu. Noutra ocasión será.
Non se conforma quen non quere. Subeu? Canto subeu? Onde? Negas os datos que puxen antes? Demóstrao.
A ver, home, a ver. Vexamos de momento como lle foi ao BNG nas cidades:
A Coruña
A cidade herculina indica un significativo avance do PPdeG, que sobe dous puntos (do 36,9% ao 39,09%). Doutra banda, o PSdeG sofre un descenso importante (queda no 44,70% despois de marcar o 46,34% en 2004). O BNG experimenta un lixeiro retroceso, caendo ao 10,46% do voto, despois do 10,59% de 2004).
Santiago de Compostela
Estabilidade no voto compostelán, onde o PPdeG (44,80% fronte a 44,87% que tivera en 2004). Atrás, o PSdeG descende un chisco máis ca os populares, marcando 36,2% desde o 36,87%. Pola contra, o BNG amosa un incremento lixeiro, marcando un 13,08% en 2008 (12,72% en 2004).
Ferrol
O PSdeG marca a súa mellor tendencia en Ferrol, chimpando ao 43,19% dos votos (tivera o 38,71% hai catro anos). O PPdeG retrocede ao 41,25% (tivera o 43,06% en 2004). O BNG cae ao 8,67% (desde un 10,44% hai catro anos).
Vigo
O PSdeG sobe dous puntos na cidade, sumando o 44,32% dos sufraxios (tivera o 42,44% en 2004). O PPdeG cae ao 38,63% (desde o 39,35%). O BNG mantén cifras moi similares, 11,22% (tivera o 11,29%).
Pontevedra
O PPdeG consegue un importante aumento de apoios na cidade do Lérez, chegando ao 42,31% (tivera o 40,12% hai catro anos). O PSdeG mantén cifras idénticas, quedando no 42,09% (viña dun 42,12%). O descenso máis importante é o do BNG, quedando no 10,51% (tivo o 12,88% e 2004).
Lugo
Estabilidade no voto da capital luguesa, onde os electores deixan un escenario practicamente similar ao de hai catro anos. Desta volta, o PSdeG sae outra vez vencedor, co 43,53% dos votos (viña do 43,43%). O PPdeG descende seis décimas, parando no 41,54% (tivo un 42,33% en 2004). O BNG manten porcentaxes parecidas, sumando o 9,95% (desde o 9,94%).
Ourense
O PSdeG consegue o máis importante aumento urbano de apoios na capital ourensá, onde chimpa ao 44,56% do voto (viña do 38,42%). O PPdeG déixase así o liderado na cidade das Burgas, caendo ao 40,78% (tivo o 43,94% en 2004). O BNG perde tres puntos, conseguindo o 10,27% (desde o 13,72% de 2004).
Pero ten razón anónimo: o BNG subiu 354 votos en toda Galicia.
Comprendo que estea moi contento.
Faltan os votos do CERA, que non están incluídos ata que se faga o reconto. De todos os xeitos, hai que mirar a porcentaxe non o número de votos.
Ah!!!, están ben eses datos que pos, pero, de momento, a circunscripción electoral nunhas eleccións xerais é a provincia.
Está ben o que decides, pero para min é indubitabel que o atentado do venres, e sobre todo, a súa cobertura mediática, doulle algún voto ao PSOE, (seguro), pudo darlle algún ao PP, (probabel), pero o que é seguro é que ao BNG non lle dou ningún, e posiblemente algún quitoullo a última hora virandoo cara ao PSOE...
O Imeneo debe andar contando voto a voto de todas e cada unha das localidades do país. Como é un desconfiado patolóxico, pensa que enganaron o BNG coas sumas e quere denunciar esa manipulación.
Tranquilo, meu, que é o que hai, e dáte cun croio nos dentes, que puido ser moito peor.
La CIG denuncia un "nuevo chiringuito" en Medio Rural en el Instituto Galego de Calidade Agroalimentaria
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Mar. (EUROPA PRESS) -
La Confederación Intersindical Galega (CIG) apuntó hoy al Instituto Galego de Calidade Agroalimentaria (Ingacal) como un "nuevo chiringuito" de la Consellería de Medio Rural. En concreto, denunció la convocatoria de cinco plazas de personal laboral fijo que cuentan "con apellidos".
Asimismo, alertó que este "despropósito" no finaliza aquí. Así, reprobaron el hecho de que, si para acceder a un puesto laboral fijo en la Xunta en el Grupo I (licenciados) lo normal son tres exámenes, "en este caso es un único examen de 50 preguntas para cualquier grupo".
Además, el sindicato nacionalista también reprobó que la entrevista personal para el puesto de jefe de departamento suponga el 50 por ciento de la puntuación del examen.
Por estos motivos, la CIG le exigió al departamento que dirige el nacionalista Alfredo Suárez Canal la "inmediata retirada" de esta convocatoria y la dotación con personal de la Xunta de Galicia al Ingacal.
Tiran a dar, Imeneo. E xa non é a primeira vez que hai denuncias dese tipo. A ver se tes o valor de explicar á concurrencia isto dos chiringuitos.
Imeneo aínda debe andar a contar os votos.
SEGA, Consorcio Galego de Servizos Sociais, etc, son empresas públicas, o mesmo que IZAR. Se esa non ten problemas á vista dos sindicatos, non vexo porque teñan que telo as que xestiona o BNG. Claro, que ao mellor ese é o problema, o único problema que ten para os sindicatos e para certa clase política.
Xa. Empresas "públicas" xestionadas de xeito privado e con escaso control administrativo. E unhas poden xestionarse limpamente e outras non. Ou que pasa: que os nacionalistas non poden cometer falcatruadas como os demais?
Non che parece nada sospeitoso que sexa precisamente a CIG quen denuncie estes xgiringuitos? Se o fixera CC.OO. ou UXT terías fácil resposta, pero sendo o sindicato da "familia" quen o denuncia dá polo menos para sospeitar, non?
Tes a fe do carboeiro, meu. As túas "explicacións" (por chamarlle dalgún xeito) non son convincentes. Para nada convincentes.
Pois se hai algunha iregularidade xa saben (sabes) onde están os xulgados. CC.OO xa o intentou, pero o xuíz non lle deu a razón.
http://www.ourensedixital.com/_novas/08/03/17_02.htm
Comisións Obreriras dí considerar "unha desfachatez" a decisión de Medio Rural de publicar unhas bases, segundo CC.OO., "encamiñadas milimetricamente a consolidar definitivamente como traballadores fixos de plantilla aos que previamente xa colocaran enchufados de forma provisional no INGACAL". A organización sindical amósase dura coa Consellería de Suárez Canal, aos que cualifica de "modernos terratenentes sen escrúpulos que exercen e xestionan os servizos públicos, en beneficio partidista, a golpe de tropelía e sen rubor algún".
Alertan de que Medio Rural quere pasar á fixos aos que no seu día xa colocou "enchufados" cunhas probas feitas a medida
17 de MARZO de 2008: OURENSE DIXITAL
A organización sindical denuncia que Medio Rural pretende agora colocalos definitivamente como persoal fixo de plantilla a través dunhas bases feitas á medida dos “aspirantes protexidos”, bases que son "un insulto para tódolos cidadáns" ao conculcar a igualdade de oportunidades para acceder a estes postos.
CC.OO. resalta que as "tropelías" destas bases van dende as mínimas dificultades e escaso volume e valor das probas que se esixen, ata a esaxerada puntuación que se lle da á entrevista, "deseñada, obviamente, para que, en caso de que haxa algún aspirante libre que puidese acadar unha puntuación semellante aos protexidos, permita finalmente decidir discrecional e dactilarmente á persoa que teña que acadar o posto fixo".
Ante estes feitos, CC.OO. esíxelle a Medio Rural que retire esta convocatoria inmediatamente "por ser máis propia dun sistema feudal de xestión que dunha xestión transparente, obxectiva, igualitaria e profesionalizada", e cun sistema de acceso baseado nos principios de igualdade, mérito e capacidade, recalca a organización sindical.
Para Comisións Obreiras, "esta convocatoria demostra con máis claridade que os dirixentes de Medio Rural entraron na administración autonómica como un elefante nunha cacharreira, facendo das súas áreas de xestión a súa finca particular, a modo de modernos terratenentes sen escrúpulos que exercen e xestionan os servizos públicos, en beneficio partidista, a golpe de tropelía e sen rubor algún".
CCOO solicítalle a Función Pública que interveña neste novo despropósito desta Consellería e así mesmo esíxelle ao Conselleiro do Medio Rural o cese inmediato do director xeral da área de dependencia do instituto como primeiro responsable desta burda manobra clientelar.
CCOO advirte que, de non producirse a intervención de Función Pública para retirar ou modificar esta OPE para garantir a libre concorrencia en igualdade dos posibles aspirantes, baralla a posibilidade de impugnala a convocatoria a través dos cauces xurídicos correspondentes.
Estes de CC.OO. deberían arreglar a súa casa antes de querer gobernar a dos demais:
Fidalgo acerca CCOO al PP
http://www.publico.es/espana/politica/21552
CCOO también privatiza sus cuentas
http://www.publico.es/espana/20757
etc, etc, etc.
CCOO,inventores das ETTs (Empresas de Traballo Temporal)e ainda por riba firmaron o "protocolo co Asnar" , algo máis ????,unha aperta
Muchachitos: iso do "... y tu más" xa non cola, meus.
Contestas, Imeneo, igual que os do PP: "Pois se hai algunha iregularidade xa saben (sabes) onde están os xulgados".
Que pronto se aprenden os malos vicios!
Datos definitivos BNG:
Xerais 04: 11,37%
Autonómicas 05: 18,65%
Municipais 07: 19,15%
Xerais 08: 11,50%
En fin, unha suba de moito carallo!
Enviar um comentário