O diñeiro é débeda

Non sei se recordades que os billetes antigos tiñan unha lenda na que se nos dicía que o valor dese billete podería trocarse por ouro, o que nos garantía que os cartos que tiñamos no peto tiñan algún valor. Hoxe, como ben sabemos, esa lenda desapareceu e o valor da moeda depende do que digan os bancos centrais que soben e baixan o valor das moedas en función da necesidade de cartos que teña o sistema financieiro, que, tendo en conta o que está pasando nos últimos meses, anda moi necesitado de cartos, cartos, que poñemos todos e todas para que o sistema non crebe.

Sen débeda non hai cartos. Parece raro, incríbel diría eu, pero é así. Aquí vos deixo este interesante documental que nos explica como e quen "fabrica" os cartos.

2 Comentarios:

antidemagóxico disse...

Ti tanquilo, Imeneo, que sempre lle podes pedir un empréstimo aos colegas que van cobrar ese "sobresoldo" tan chulo que se autoimpuxeron.

A propósito, onde quedou aquilo de que ían facer por retiralo? Pura palabrería para saír do paso, non?

A que ti non dixeches nada na reunión do Bloque da túa zona nin no CN? Caladiño, verdade que si?

antidemagóxico disse...

Caladiño, non?