A cotío se nos fala de seguridade vial, de que corremos moito co coche, ... que si os puntos, etc, etc, etc. Na nosa rede de estradas, co noso particular xeito de asentarnos territorialmente, espallados e pegados as vías de comunicación, seguramente hai casos como os do Eixo (parroquia de Santa Lucía en Santiago) a moreas, unha parroquia divida en dous por unha estrada que soporta unha altísima densidade de tráfico, que non diminui pola apertura da autoestrada Santiago-Ourense. No Eixo non quedaron calados, sobre todo cando os dous carrís se transformaron en tres pola apertura dun para vehículos lentos. Para os que pasamos por alí habitualmente sabemos que non hai nin pasos de peóns nin semáforos nin nada que impida que os coches corran. Como dixen no Eixo, non quedaron calados e protestaron pola apertura deste novo carril, e no transcurso destas protestas "supostamente" tres veciños agrediron a un policía, e estes veciños, logo de anos de xuízos e apelacións teñen que entrar no cárcere (mellor dito a esta hora están xa no cárcere) se non o remedia un indulto do Consello de Ministros.
A xustiza é cega e non entra a valorar que os feitos se produciron por unha demanda xusta, que trata de imperdir que se produzan desgrazas persoais; é tan cega que un racista agrede a unha moza indefensa e está tan tranquilo bebendo cervexas no bar, mentras a víctima está no psicólogo.
O que lle sucedeu aos tres do Eixo non é casual, é un aviso a navegantes, para que a xente teña en conta a que se expón se protesta por unha reivindicación xusta, que, como dixen, trata de evitar males maiores; e a estas alturas, cos tres do Eixo no cárcere, xa dá igual que os Ministros de ZP teñan a ben, entre socavón e socavón, concederlle o indulto -que seguro que farán uns días antes das eleccións para que todo Santiago vexan os bueniños que son-; como dixen xa dá igual, porque hai tres homes no cárcere, mentres hai un racista solto. E podería dicir esa frase tan solidaria e tan manida, de que todos somos do Eixo, pero eles están no cárcere mentres eu estou na tranquilidade da miña casa, e eu só podo experesar o meu ánimo aos tres do Eixo e desexar que saian o máis axiña posíbel.
A súa historia.
O blog.

0 Comentarios:
Enviar um comentário