Eu podo atopar un sinfín de argumentos para xustificar o botellón. Desde logo en máis dunha ocasión estiven tentado de unirme a un deles tendo en conta o caras que están as consumicións nos locais de copas. Pero o que non pode ser é que despois de cada botellón queden as rúa feitas un cristo. No que a min se refire, toda a solidariedade que podo ter hacia esta manifestación de rebeldía da xente máis nova, tórnase deprezo máis absoluto logo de ver as consecuencias dun comportamento tan incívico da maioría dos asistentes aos botellóns.





1 Comentarios:
e porque a foto non pode reproducir o cheiro dese campo de batalla que era a alameda de compostela a mañá do Día da Patria!
Enviar um comentário